27/01/16

O ENTROIDO

Aínda que o equipo xa sabe que estades a traballar arreo na elaboración dos disfraces para o festival do vindeiro 5 de febreiro, non queremos deixar de recordarvos que podedes consultar a páxina da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamizacion lingüística onde atoparedes numerosos recursos para poderdes traballar co alumnado todas as curiosidades que xurdan ao redor desta festividade.
Clicade na imaxe e acceredes directamente a múltiples actividades que, de seguro, serán do voso agrado.
Por certo, tamén en breve teredes as instrucións do noso meco, ou meca? A saber que teremos este ano.

http://www.coordinadoraendl.org/entroido/index.php

Sem comentários:

Enviar um comentário