29/10/15

XA TEMOS GAÑADORES

Por fin, despois de contar todos os vosos votos, xa temos cabazas gañadoras. Dende o EDL, agradecémosvos moito a vosa colaboración, sen vós e sen o voso traballo o concurso non sería posible. As cabazas, como xa vistes todos, eran moi orixinais, pero só podemos dar catro premios. De todos xeitos, recordade que cada un de vós merecería un agasallo.

Infantil: Lucas Balderrábano.
1º e 2º de Primaria: Hugo Campos.
3º e 4º de Primaria: Ángela Rodríguez.
5º e  6º de Primaria: Andrea De la Iglesia.

Aquí tedes as fotos dos gañadores, aínda que nos falta Lucas; hoxe non veu ao cole e non puido saír na foto. Aínda así, temos o agasallo gardado para darllo o martes e tamén a súa orixinal cabaza.






1 comentário:

  1. Maria Villaverde30/10/15 23:15

    Gracias a todol@s que votastes a calabaza de Lucas, a verdade e que disfrutamos moito traballando en familia, Lucas esta enfermo pero o martes xa a recollera todo contento. Gracias

    ResponderEliminar