EDL

EDL

06/10/15

PREMIOS LITERARIOS

O outono chega cargado de prestixiosos premios para os nosos autores e autoras:


  • Esta fin de semana,  a International Youth Library de Múnich daba a coñecer a prestixiosa Lista White Ravens que recoñece os libros de literatura infantil máis destacados do mundo. Entre eles está O meu pesadelo favorito, de María Solar, que xa gañara tamén o Premio Lazarillo de Literatura Infantil e foi traducida ao castelán e catalán.
  • Hai uns días, Marcos Calveiro gañaba o Premio Repsol cunha obra arredor da figura de Domingo Fontán, ilustrado galego, matemático e topógrafo que elaborou o primeiro mapa científico de Galicia e que leva por título Fontán. Publicaraa proximamente Galaxia.
  • E onte soubemos que o Ministerio de Educación e Cultura lle concedeu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil a Ledicia Costas, pola súa novela Escarlatina, a cociñeira defunta.
Xa tivemos a sorte de que nos visitaran as dúas escritoras e este curso agardamos charlar un anaco con Calveiro; a ver se o conseguimos. Mentres tanto, teredes as súas obras na nosa biblioteca para gozar da súa lectura.

1 comentário:

  1. 1 enredamos
    2 gañou o premio nacional de poesia joven Miguel Fernandez 2015
    Tes a idade da tua pel,
    pero a memoria bella de mais para entender.
    Repetirei o teu nome cando sexas outra para evocar.
    Aquilo que perdin e amei fondamente a linguaxe e dura,
    os corpos non
    3,e unha escritoria e gañou o premio lazarillo
    4,sae o DVD Esmorga
    5,que falara Xurxo Mariño para 6.500 escolares
    6cantan cancions populares en galego
    7,gañar o premio de critica de Galicia das artes plasticas
    8 Mata piollos,Furabolos,Pai de todos,Medianiño,Pequeniño
    9consisteen ter como obxetivo a creacion dun proceso innovador da participacion da comunidade escolar no coñecemento
    10Ningunha disposicion legal prohibida nos anos 40
    11Axterix e O velis e nunca lin sobre eles
    12disco Ego e coñecido polo gran publico de ser membro do xurado que fai papel do malo no cananso
    13 lendo lendas

    Andrea R 1B de Eso

    ResponderEliminar