EDL

EDL

06/05/15

VISITA DE MANUEL LOURENZO


Onte, 5 de maio, recibimos a visita do escritor e docente Manuel Lourenzo que veu falarnos dos seus dous libros, Irmán do vento e Flor de area, que lemos en 3º  e 4º ESO.
Comentounos como xurdiu a primeira das obras, froito da indignación ante unha guerra que non podía comprender, e como a realizou en moi pouco tempo. Pola contra, a segunda foi froito dunha reflexión e dun traballo que se estendeu moito máis no tempo. Entusiasmounos a maneira en como creou os personaxes e en como lles deu nome. Asemade, contounos unha serie de segredos sobre os libros e o acto de creación que tamén nos gustaron moito, pero que, de ningunha maneira podemos desvelar, do contrario deixarían de ser segredos, non?
E dende logo, rematamos a sesión cunha serie de preguntas ás que el lles deu resposta moi amablemente, así como a sinatura dos libros.

Grazas pola túa visita.
















Sem comentários:

Enviar um comentário