EDL

EDL

23/05/15

CREAMOS BANDA DESEÑADA



O Departamento de Lingua e Literatura Galega tamén colaborou, un ano máis, no Contrato-Programa que vén desenvolvendo o centro. Desta vez, o noso traballo xirou ao redor do libro que tedes na imaxe.

En 2º B e 2º C da ESO lemos Amor de Serea, de Jaureguizar e, para continuar cun traballo que xa comezaramos en primeiro, decidimos nós elaborar o noso propio libro, pero esta vez de banda deseñada. Despois de traballar e estudar todos os elementos que interveñen nun cómic a través da lectura de Astérix e Obélix, convertémonos en autores. Malia sermos moitos, conseguimos ir elaborando capítulo a capítulo a historia que Tintimán desta vez vive en Vigo. Tivemos un pequeniño problema cos capítulos 10 e 11, ides ter que torcer un chisquiño o pescozo para poder lelos. Ánimo, que seguro que sodes capaces.

Grazas rapace/as, fixestes un traballo estupendo, aínda que seguro que o habemos mellorar nun futuro.

Se queredes ver o resto dos traballos realizados por outros compañeiros/as clicade  aquí e iredes directamente ao blog do Contrato-Programa.

Elaboración de banda deseñada

Sem comentários:

Enviar um comentário