26/03/15

Visita á CRTVG

O 26 de marzo, o alumnado de 1º ESO e 2º C visitou as instalacións da Compañía da Radio e Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela). Nas instalacións da TVG coñeceron de preto o traballo que hai detrás das imaxes e programas que ven nas súas casas. Visitaron os platós de informativos e doutros programas e coñeceron os seus elementos: luz, son, pantallas, cámaras,..
Logo de resolver todas as dúbidas e curiosidades que tiñan foron tamén á radio, onde puideron observar a emisión dun programa en directo e charlaron na redacción cos periodistas que alí estaban e que amablemente lles falarron do seu traballo. Algúns alumnos tiveron o privilexio de adentrarse nos camerinos de perruquería e maquillaxe e outros viron como é o roupeiro dos presentadores da tele.
Fixeron fotos con Xabarín, cos protagonistas da serie Serramoura e, para rematar a interesante xornada, charlaron con Xosé Ramón Gayoso.
























3 comentários:

  1. temolo que repetir"."

    ResponderEliminar
  2. Pasámolo moi ben e coñecemos a unha persoa famosa!!!

    ResponderEliminar
  3. Un día moi divertido ao lado dun personaxe de televión moi querido en Galicia

    ResponderEliminar