05/02/15

POLOS FILLOS DAS NOSAS FILLAS

Con este lema, Queremos galego convócanos o domingo a unha manifestación polo futuro da nosa lingua, á que vos animamos a asistir. Como nos dixeron hai uns días desde a RAG, " a nosa  lingua é un tesouro, non un problema". Pero o feito é que está tendo algúns problemas aos que entre todos debemos buscarlles solución. 
E asistiremos de xeito festivo, cantando unha coñecida canción de Migallas, "O rap da lingua", que vos deixamos aquí para que vaiades aprendendo:


Sem comentários:

Enviar um comentário