20/12/14

TEATRO DE MONICREQUES

 
 
E chegaron por fin as desexadas vacacións, mais no CPI Cernadas de Castro non podemos marchar para os nosos fogares sen antes gozar do tan ansiado festival. Como vén sendo tradición, onte celebramos a Festa do Nadal e todos, dende os máis pequechos de Infantil ata os máis grandóns de Secundaria, participaron nesta marabillosa festa que tanto esforzo e dedicación supón por parte do alumnado e do profesorado.
Pois o EDL non ía ser menos e tamén quixo poñer o seu pequeniño gran de area; por iso decidiu representar para os máis pequechos unha pequena obra de monicreques. O texto escollido foi Un poema para curar os peixes, de Jean-Pierre Simeon.
Despois de eleborar os bonecos e compoñer o teatro, alá nos botamos á gran aventura. O alumnado de 2º C e 4º B foi o encargado de darlles vida aos nosos personaxes.
Non sabemos se vos gustou ou non, pero dende logo, nós fixémolo coa intención de que quedarades marabillados.
Non nos queda máis que, dende o Equipo, desexarvos un Bo Nadal e tamén unha moi, moi Bo 2015.
Esperámosvos á volta con ánimos renovados e con moitas ganas de traballar A PROL DA NOSA TAN APRECIADA LINGUA GALEGA.


 




Sem comentários:

Enviar um comentário