15/12/14

OS NOSOS DESEXOS PARA O 2015

Durante a semana anterior, estivemos pedíndolle os mellores desexos para a lingua galega ao Apalpador que temos situado no corredor central. Emulando a campaña de Gústame, todo aquel da comunidade educativa que quixo, puido fotografarse con algún dos lemas que entre todos os rapaces de Secundaria elaboraron. Todos eles pediron un desexo ao Apalpador para o vindeiro ano, relacionado, iso si, coa nosa lingua.

Os lemas que tiñan para escoller tanto o noso alumnado, como o profesorado, mamás, conserxes... son os seguintes:

-Que Pepa Pig se exprese en galego.
-Ver Bob Esponja en galego.
-Escoitar a Dora falar galego.
-Que o galego este ano gañe máis falantes.
-Que internet non me convide a traducir o galego.
-Que o galego sexa a lingua de Pitágoras.
-Quero que o galego sexa unha adicción.
-Que me subtitulen os videoxogos en galego.
-...As raíces cadradas den galego.
-Que a televisión fale máis/mellor galego.
-Poder ler as instrucións dos aparellos en galego.
-Ter máis prensa en galego.
-Sentirme orgulloso/a da miña lingua.
-Desexo quererte en Galego.
...Falar mellor o galego.
-Poder vivir e relacionarme en galego.

Se queredes ver a totalidade das fotos, clicade aquí e iredes directamente á páxina do centro; na nosa galería, buscade a carpeta do Apalpador e poderedes vervos alí reflectidos. Aquí vai unha pequena mostra.






































































Sem comentários:

Enviar um comentário