13/11/14

VISÍTANOS CIBRÁN SANTAMARINA




No día de hoxe, e para completar as actividades realizadas co gallo do mes da ciencia, recibimos a visita de Cibrán Santamarina. Este físico e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, natural da Fonsagrada, ten un amplo currículum científico. Participou ademais nos experimentos DIRAC e ATLAS desenvolvido polo Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN).
Veu a Lousame falarnos das Orixes da materia e o bosón de Higss en cuxo descubrimento participou el mesmo.
Mais antes da súa magnífica charla, por certo, moi amena e didáctica, recordounos o vinculado que está no seu traballo o uso do galego e a ciencia. Quen un día declarou: "A verdade é que, chamándome Cibrán, se non me sentise orgulloso do galego estaría un pouco incómodo. Tería que comezar por cambiar de nome e a verdade é que con Cibrán vaime moi ben. Os nomes galegos imprimen carácter. Estou moi orgulloso do meu nome e da lingua na que está, orgulloso do galego", manifestou hoxe que ciencia e lingua están e estiveron sempre presentes na súa vida e no seu traballo. E que xamais o galego supuxo un impedimento no seu labor profesional e persoal.

 E estando nisto, déixamosvos unha ligazón a un manifesto que el mesmo e outros oito científicos galegos deron a coñecer no 2009 en defensa da Lingua Galega.

Clicade aquí e accederes directamente a el.



1 comentário:

  1. Pois estes días debe andar a cen:
    http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/11/13/charla-cibran-santamarina-ies-pintor/1130534.html

    ResponderEliminar