29/10/14

SAMAÍN 2014



Un ano máis, toda a comunidade educativa participou activamente na celebración do Magosto e do Samaín.
O pasado xoves, todos o pasamos moi ben participando na multiplicidade de xogos tradicionais que tiñamos no patio do colexio: a clásica mariola, tiro á lata, zancos, xogos con cordas, buxaina...
Dende logo, non faltaron as castañas que degustamos e aínda levamos para os nosos fogares.

Observade as fotos xunto coa exposición de cabazas que tamén fixo o alumnado e as familias de Infantil e Primaria. Grazas a todos pola vosa participación e grazas aos papás por traballares xunto cos vosos fillos nestas estupendas obras de arte feitas con produtos típicos do outono.









 














 
 

Sem comentários:

Enviar um comentário