24/10/14

OS BOLECHAS VAN A LOUSAME


Este é o título do novo libro que hoxe Pepe Carreiro veu presentar a Lousame. O salón de actos da Casa da Cultura estaba ateigado de pícaros que querían coñecer ao autor e creador dos seus personaxes favoritos: Os Bolechas.
Pepe Carreiro explicounos a todos como os Bolechas fan, neste novo libro, un percorrido polos sitios máis emblemáticos do concello. A seguir sorprendeunos a todos coa facilidade e a rapidez con que pode debuxar a calquera dos seus personaxes. As fotos que tedes a seguir, dan boa conta disto.
Malia dispor de pouco tempo, pasou un bo anaco entre nós asinando os libros que os rapaces lle ían poñendo diante.
Pasamos unha boa tarde de xoves.







Sem comentários:

Enviar um comentário