09/04/14

XOGAMOS COA POESÍA


En 1º ESO estudamos a rima e decidimos facer pareados con rima asonante e consoante onde os rapaces tiñan que contar o que fan ao longo do día:

O exemplo era:


Na miña casa, despois das nove
xa ceamos todos e ninguén máis come.


Na miña casa, á unha
todos comemos uvas.
               Aaron Pais (1º B)


Estudamos e comezamos os deberes
aínda que ás veces interrompedes

Ao rematar as clases vou adestrar
pero sempre acabo para enterrar

Despois de todo isto que vos relato
vou para o canastro.
                          Antía Maroñas (1º B)                                                                    


O meu almorzo é moi sinxelo,
marmelada, pan e un coitelo

Logo subo ao autocar,
mentres que meu pai me ve marchar

No autobús, xa tranquiliña,
vexo pola ventá unha parella de andoriñas                                     

Cando chego á escola,
para entrar me poño á cola

Chega a titoría,
que alegría!!

Toca o timbre para ir ao comedor,
hoxe toca churrasco feito no asador.
                          Isabel Símil (1º B)
                 

Na casa da miña avoa
non falta unha boa filloa.
                     Antón González (1º B)

Á noite vemos a televisión
mentres miña irmá canta unha canción.
                      Fernando Congiu (1º B)

Ás nove hai que ir para a parada
aínda que non teñas gana

Ás seis, os deberes 
sen gana hai que facer.
                        Paula Lago (1º B)

Na miña casa, despois das dez
todos para a cama sen mover os pés

Na miña escola, despois das dez
estudo eu e mais Andrés.
                     Valeria Rodríguez (1º A)

Na miña casa, pola tarde
facemos o que nos cadre.
                   Lucía Castaño (1º A)

Pola mañá espertei
e cedo me alegrei

No baño me aseei
e rápido me cambiei

Na escola traballei
e no recreo xoguei

Pola tarde famento cheguei            
e moi formal estudei.
                Saúl Caldas (1º A)


   

Sem comentários:

Enviar um comentário