EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

15/12/13

Poetizámonos




 En 4º A lemos Poetízate e, o que ao comezo nos pareceu unha tortura, cumprindo cos tópicos que Fran Alonso anunciaba no prólogo, resultou que non era para tanto. Ao final a lectura soprendeunos e mesmo nos resultou agradable: grazas á variedade de autores, temas e estilos todos atopamos algúns poemas ou versos que por distintos motivos nos gustaron.
E algúns mesmo nos poetizamos e compuxemos os nosos textos. Velaquí unha pequena mostra.

Algúns falan de desamor:

Palabras mudas.
Bicos dolorosos.
Caricias ásperas.
Noites frías.
Días longos..
Soños rotos.
Fin seguro.
(Lara Veiga)



Outros da morte:

Lúa chea

                Escuridade

Gatos nos  tellados                        néboa

                                               frío

Vento. 
Unha familia que chora, un pai no cadaleito.

Cadaleito de piñeiro e cruz, tallada en ferro.

Piñeiro de monte galego,

traballado por el arreo.

                                               Nunca máis ha  ver monte,

si choiva, e vento, e terra,… moita terra.
(Christian González) 

E hainos mesmo que reflexionan sobre o seu tempo:


Cambios

Chupetes por tabaco.
Auga por vodka.
Bicos por sexo...
Non puidemos esperar para crecer.
(Isabel Burés)

En fin, poemas para este nadal, aproveitémolo.







2 comentários:

  1. Sempre me sorprende a capacidade poética destes rapaces, cando os leo parece fácil a poesía, pero certamente no o é tanto. Parabéns pola vosa capacidade de comunicar dende a beleza.
    Susi

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3/2/14 00:36

    Cristian sen "h". Grazas.
    Anónonimo.

    ResponderEliminar