28/11/13

NOVIDADES MUSICAIS

Para grandes e pequenos. Porque no nadal non todo van ser panxoliñas, os pequenos pódedeslle pedir aos reis música dos Bolechas. Xa está ao voso dispor nas librerías Os Bolechas fan unha banda, o  primeiro libro-disco que publica a popular saga creada por Pepe Carreiro que se presentou estes días en Vigo. O libro-disco segue o ronsel do Xabarín Club e reúne a dez coñecidas bandas e artistas galegos, como The Homens, Aid, Eladio y Los Seres Queridos ou Transilvanians.

E os máis maiores podemos facernos con Corasóns un libro-cd-dvd que reúne fotografías, músicas e un completo traballo audiovisual sobre o proxecto que, baixo a dirección de Uxía, reúne un feixe de destacados intérpretes galaico-lusófonos, como Carlos Blanco, Magín, Nayla Shami, Sérgio Tanus... Cunha coidada edición e produción, CORASONS estará dispoñible en toda a Península. 

 Por certo, a súa presentación terá lugar  no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra) o sábado, 30 de novembro; unha boa suxestión para a fin de semana. 



Sem comentários:

Enviar um comentário