05/11/13

Ardalén, Premio Nacional de Cómic.

O debuxante coruñés Miguel Anxo Prado recibiu estes días o Premio Nacional de Cómic pola súa novela gráfica Ardalén. A obra, que xa fora elixida no Salón do Cómic de Barcelona a mellor obra nacional de 2012, foi destacada polo xurado pla súa mestría técnica e polo seu carácter poético. Segundo o autor, un recoñecido debuxante a nivel nacional e internacional, o "o premio Nacional axuda a vencer prexuízos arredor do cómic". Nós engadiriamos "arredor do cómic galego, a literatura galega e , por suposto, a lingua".
Por certo, se queredes lelo e velo, podedes pedilo na biblioteca.

Sem comentários:

Enviar um comentário