21/10/13

Teatro afeccionado de Lousame


Un ano máis, o grupo municipal de teatro afeccionado do concello de Lousame estreou a súa obra Comedia onte, día 20 de outubro, na Casa da Cultura. 
Antigos alumnos/as do cole e tamén algunha nai de alumnos actuais interpretaron estupendamente esta comedia italiana, onde temos a un Arlecchino que decide quitarse a vida porque pensa, erradamente, que a súa muller lle é infiel. Todos, agás Noelia González que fai estupendamente o papel de Arxentina, levan máscara. Esta foi a gran novidade que non impediu que todos os asistentes gozaramos e riramos coa interpretación de Arlecchino (Suso Tubío) e do Capitán Milhomes (Paula Moledo).
Aquí tedes algunhas fotos; os que asististes podedes comentar o que queirades.
Noraboa polo voso traballo.






1 comentário:

  1. Gracias por acordarvos sempre de nós. Esperamos que a función fose do voso agrado.
    Dentro de nada tocará facer unha visitiña ó cole :)

    Noelia "Arxentina"

    ResponderEliminar