EDL

EDL

21/10/13

REGUEIFAS 2013

Outro ano máis regueifando, velaí tedes algunhas mostras.



Onte había un mosquito
que non me deixaba durmir
onte acordeime de ti
que non me deixas vivir.

Eu rimo mal?
iso é unha mentira piadosa,
ti andas seghido coas consolas
debes ser amigho de fenosa.

Xa empesou o outro,
non para de falar
dálle á manivela
e non para de esbardallar.

Eu voume despedindo
que teño que marchar
facer o traballo de galego
pá dunha boa nota poder fardar.

Esta regueifa comeza
e menos mal que acabaches
porque co mal que rimas
era mellor que matases.

Ti es un bo langrán
e tamén es un lambón
ti tamén lle dás ás consolas
e non me sexas zoupón.

Eu calar non calarei
pero ti calar has de calar
porque se che digho a verdade
esta regheifa vai finalizar.

Pois razón vas ter,
eu tamén quero aprobar
pola conta que nos ten
boa cousa hai que traballar



               David Regenjo e José Ramón Ces




Eu teño un mono
que é moi flatulento
e todos os días
lle dou un pemento.

Non falaba da memoria
falaba da flatulencia
é unha enfermidade
que lle vén de herdanza.

Xa probei  con todo
e nada funcionou,
o meu moniño está triste
e ninguén nunca o remediou.

Eu non o quero vender
dáme moita pena
é tan bonitiño
ata xoga cunha pera.

Non o vou vender
cala a boca dunha vez,
toma, douche algo de comer
un pastel e xa bo é.

É como se o matases
o mono acaba de morrer
que peniña me dá
xa parou de comer.

Non lle deas pemento
dálle cenorias
que lle son moi boas
prá memoria.

Pois é algo moi malo
dá un cheiro que apesta
pero ti compra Ambipur
que ese si que che presta.

Vende o mono dunha vez,
xa cheira ese conto
tantos anos a esperar
para deixarllo a un tonto.

Se che dá tantos problemas
véndeo dunha vez
e así podes comprar
outro en Xerez.

Eu non quero pastel
quero que morra dunha vez
xa cheira na miña casa
a flatulencia del.

Xa vai no tempo,
xa lle chegou a hora
vai no tanatatorio
de Figueiroa.


                         
                           Paula Ares e Tania Ochoa





Hoxe fun ao mercado
atopeime con María
e por culpa dela
non merquei o que quería.

E que de tanto falar
pechou a carnicería
e quedamos sen carne
para o mediodía.

Non llelas dei aos gatos
deillas ao pobre can
que estaba tan famento
como o señor Xoán.

A min xa me pasou a fame
aí te quedas queridiña 
eu vou agora mesmo
a botar unha boa sestiña.

Ti poderiasmos fritir
ou poderiasmos cocer
pero como non hai carne
non mos podes facer.

Que culpa che ten María
de que sexas tan faladora
e que te líes con ela
a falar coma unha cotorra.

Xa sei o que imos comer
patacas cosidas e sobras,
non llas darías aos gatos
porque senón cobras.

Pois comeremos bocadillos
de queixo mais chourizo
que están tan bos
coma o froito do ourizo.

Ai xa che pasou a fame!!
se agora che poño uns bistés
estou segura de que os comerías
coa man esquerda ou cos pés.

Como que non podo,
vou buscar o porquiño
e fágoche uns poucos
para tapar ese oquiño.

                   Paula Rodríguez e Laura Villar.

Sem comentários:

Enviar um comentário