15/04/13

ACRÓSTICOS

Aquí tedes os resultados dos traballos dos rapaces de 1º ESO:


Movendo o aire,
Unificando os ruídos e
Sons que flúen
Indicando as palabras adecuadas
Cabalgando nos mares profundos
Alegría é o que sinto.
                Alba Blanco (1º A)


Felicidade que se consegue ao dar e recibir
Amor e tamén ao
Mimar, que fortalece a
Identidade de ser e forma
Lazos
Inseparables con só un
Abrazo.
                Silvia Burés (1º A)


Non ten vida, nin tampouco alegría
É unha cor apagada, fría.
Gran cor, pois vai con todo, pero, ás veces
Rompe corazóns, xa que é a cor da morte
Outras veces só é unha cor, pois ningúen sabe o que agocha.

Jesús Salanova (1º B)




Ler e escribir o elemental para un traballo adquirir
Á escola debes ir para aprender a escribir
Pregunta sen dubidar como facer para non errar
Intenta ir polo renglón ou quedará todo feito un chafullón
Sabendo escribir e idiomas falar polo mundo poderás viaxar.
Ángela Ces (1º B)


Anorexia é un transtorno alimentario,
No que se caracteriza pola falta de apetito
Ou ben por causas psicolóxicas,
Resulta moi perigosa
É mortal
Xamais imaxinas que algún coñecido poida ter
Incluso padecer
Anorexia.
Ainhoa Errotaberea (1º B)




Fermosa é coma un sol
Longa ou curta pode ser.
Ou ten pétalos ou non.
Recende que dá gusto
Está seguido no mesmo sitio
Sempre están en silencio.
Tatiana Nieto (1º B)

Sem comentários:

Enviar um comentário