10/06/12

PREMIOS XERAIS 2012

A grande sorpresa este anto na velada  de entrega dos premios Xerais foi coñecer a autoría compartida do Premio Xerais. Pai e filla, de Dodro, case descoñecidos no mundo das letras, mais de apelidos moi literarios. Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguéns, irmán e sobriña de Eusebio Lorenzo Baleirón, obtiveron o galardón coa obra Tonas de laranxa.
O premio Merlín foi para un autor xa moi coñecido por todos e dun traballo literario infatigable, Marcos Calveiro. O autor dixo sentirse emocionado co galardón e orgulloso de estar, no elenco de premiados co Merlín, ao lado de escritores como Agustín Fernández Paz ou Marilar Aleixandre. Acadou o premio coa obra titulada Palabras de auga.
Estaremos atentos á publicación das súas obras e se cadra invitaremos aos autores a que pasen unha xornada con nós e nos falen delas.

Sem comentários:

Enviar um comentário