EDL

EDL

10/05/12

ABRAIADOS CON CARLOS NEGRO


Por segunda vez, tivemos a gran sorte de que Carlos Negro viñese a recitarnos o seu poemario Makinaria. Na súa voz a obra cobra vida e tal parece que estabamos a vivir os acontecementos que alí se narraban; de feito, co último vídeo quedounos ben claro que non queremos emprender a viaxe á que convidaba Caronte, ao menos polo de agora.
Mais non só nos recitou, senón que tamén xogou con nós para axudarnos a comprender un chisco mellor o que é a poesía. Dende logo, a lectura do libro Un poema para curar a los peces de Jean-Pierre Simeon e o chocolate que nos repartiu supuxeron o broche final a unha intervención abraiante.

Mil grazas pola túa visita e ata a próxima.







4 comentários:

  1. Totalmente de acordo!, e que siga escribindo e explicando o que é a poesía. Hoxe síntome un pouco máis capaz de desfrutala... grazas!. Susi

    ResponderEliminar
  2. Non me gustou moito,xa veu hai 3 anos e non cambiou nada desde esa; penso que debería de renovar a forma de recitar o seu libro. Pero bueno tampouco estubo mal.

    ResponderEliminar
  3. Non me gustou moito xa que cando veu da outra vez fixo o mesmo, pero non estivo mal en xeral para os que non o viran antes.

    ResponderEliminar
  4. Na miña opinión estivo bastante ben, e o que máis me chamou a atención de todo o que nos explicou foi que ao longo da charla foi poñendo coches e reivindicando o número de mortes que houbera en Galicia ao longo dun ano.

    ResponderEliminar