30/04/12

Libros e doces



A celebración do Día do libro tamén chegou á sala de profes. Regresamos á infancia e xogamos ao "amigo/a invisible". Cada un dos participantes agasallou cun libro a un compañeiro. No recreo mesturáronse libros con doces, ilusión e intriga con cafés. Resultou unha agradable xornada. Para o ano mellorarémola!

1 comentário:

  1. Anónimo4/5/12 22:57

    É venres pola noite e estou desfrutando dende o meu sofá de "la librería de las nuevas oportunidades" de Anjali Banerjee que me regalou o/a meu/miña amig@ invisible, unha grande noraboa e grazas para Yolanda, que nos deleitou o corpo e a mente con tan doce iniciativa!... e por suposto a ese amigo/a que me viu reflectida na portada do libro e alongou a man para facermo chegar... déixovos que teño moito que ler! Bks. Susi

    ResponderEliminar