O pasado 5 de marzo visitou o noso centro o escritor e
tamén director de cine Héctor Carré. Como sabedes, a súa última obra, Febre, foi galardoada co Premio Xerais
de Literatura Xuvenil.
Adicou gran parte da case hora e media que pasou connosco
a explicarnos como e de onde sacou a documentacion que empregou antes de
escribir esta obra; como xurdiu a idea de facer protagonista a unha muller e
como, a partir de aí, ten que artellar toda a historia. Non pode desvincularse
da súa faceta de director de cine e isto nótase moito cando lemos unha obra
coma Febre, que naceu dun guión
inicial que ía ser levado ao cine.
Pasamos tamén un bo anaco facéndolle preguntas sobre a
súa faceta como guionista, sobre todo de series coma “Matalobos” e “Libro de famlia” e tamén
falamos do seu traballo como axudante de dirección na organización da rodaxe co
tan coñecido Steven Spielberg.
En fin, foi unha tarde agradable onde ademais de
conversar e contestar ás nosas preguntas, dedicou un anaco a falar con Maite
Sobradelo, unha antiga alumna do colexio que ten un importante traballo de
campo sobre as Minas de San Finx e a época dourada do volfram.
Para rematar, asinounos os nosos exemplares e non marchou
sen admitir que, en caso de ter orzamento necesario, non dubidará en dirixir a
rodaxe da película sobre esta obra ambientada en Lousame e Noia.
Sem comentários:
Enviar um comentário