A de cousas que podemos facer coa lingua: retorcela, botarlla a alguén... Non nos referiamos a iso, senón ás posibilidades de creación que ofrece. Por exemplo, o filólogo e escritor Gonzalo Navaza creou coas letras do nome de Rosalía de Castro todo un poema, "Trocas a Rosalía", que comeza así:
Claro Sar, doíaste.
Correa das loitas...
A nosa proposta: tentade facer un par de versos cos vosos nomes, a ver que vos sae, e deixádenos os resultados. Ánimo!!
Rosa é do pobo,
ResponderEliminarPedro de París,
e Rebeca,do país.
Rebeca García Pedrosa 1A E.S.O
Rosa é a nora de Israel.
ResponderEliminarÉ de Belén.
Sabe ler.
E soña ser un anel.
Ana Isabel Burés Sóñora 1ºA E.S.O
O zoo
ResponderEliminarLourenzo percorreu o zoo.
A ra alcanzou ao Loro.
Paca colleu un coco.
E Laura encontrou ouro.
Paula Correa Lorenzo 1AE.S.O
Nita ten zamarra.
ResponderEliminarMiren ten taza.
Marina ten trenza.
Marina Martínez Hermo 1B ESO
Nita ten zamarra.
ResponderEliminarMiren ten taza.
Marina ten trenza.
Marina Martínez Hermo 1B ESO
Gocei na cristaleira
ResponderEliminarcando ristes
Cristian González Rodríguez 1B ESO
A avoa ó río ía lavar,
ResponderEliminará veiga, baleira vai.
Lara Veiga Barreiro 1B ESO
Que cousa é
ResponderEliminarque moitas palabras ten,
e se cacheas e cacheas,
atópalas ben?
(oiranoiciD)
Ían merlos, mouros.
ResponderEliminarIván Mourelos Ares.
A gata rise na cesta,
ResponderEliminarten a cea na casa.
Cristian Iglesias Miguéns