03/10/10

MANUAL DE SEDUCIÓN


Xa, esperabades unhas recomendacións para ligar mellor... Pois non, pero as músicas deste CD poden axudar!! É o novo disco que acaba de sacar á venda o grupo Marful, e que en canto poidamos mercaremos para a nosa discoteca, para que o levedes en préstamo. Mirade que portada máis surrealista, fixádevos nos detalles lembra un cadro de Dalí.
E logo de facer bolos por Galicia, España e o mundo, Xosé Manuel Budiño sacou a luz un CD-DVD chamado Volta, gravado durante o Festival de Ortigueira 2009. Con Volta o músico de Moaña pecha a xira mundial que o levou os últimos catro anos por cidades como Sanghai, Tetuán, Buenos Aires ou Rabat. Tamén o mercaremos, pero mentres deixámovos cun vídeo promocional.
Contade que vos parece ou propoñédenos outras cousas!

Sem comentários:

Enviar um comentário