EDL

EDL

14/06/10

Premios Xerais 2010


Iolanda Zúñiga acadou o Premio Xerais de Novela 2010 coa súa obra Periferia; e Teresa González Costa, o Merlín de Literatura Infantil por A filla do ladrón de bicicletas. As gañadoras recibiron os seus respectivos galardóns nun acto literario-musical que se celebrou este sábado na Illa de San Simón e no que actuou como mantedora literaria Fina Casalderrey. Segundo o xurado Periferia está ambientada no Brasil de São Paulo e centra o lector nun mundo globalizado, onde a violencia, o caos, o narcotráfico e a desorde, especialmente nas favelas da periferia, marcan os ingredientes da vida urbana no século XXI. ". Pola súa parte, o xurado destaca da obra de Teresa González “a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia". A nosa noraboa ás gañadoras!

Está claro que cada vez hai máis mulleres tomando o relevo na literatura galega e que ofrecen interesantes propostas de lectura. En canto poidamos traeremos estes títulos para a nosa biblioteca.

Sem comentários:

Enviar um comentário