04/06/10

Haikus





Despois do concurso das letras, onde pescudamos máis na vida e obra de Uxío Novoneyra, decidimos dar novos premios aos mellores haikus. Os rapaces esforzáronse moito, fixeron agromar o seu enxeño e como resultado tivemos unha boa morea de haikus adicados á paisaxe de Lousame. Con eles construímos un mural e tamén demos premios aos tres mellores:


1º Lorena Vázquez Rois
2º Teresa Pérez Lousame
3º Daniel Paradela Dosil

Parabéns aos tres e tamén aos demais por ter participado con tanto entusiasmo. Para todos vai haber agasallos.

Sem comentários:

Enviar um comentário