EDL

EDL

14/06/10


GalegoLab é un novo colectivo de promoción e defensa da lingua propia constituído a semana pasada. Baixo a forma xurídica de asociación cultural, ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
É unha iniciativa que non compite coas xa existentes en defensa do galego, senón que as complementa (e mesmo lle ofrece os seus servizos), e pretende configurarse como unha ferramenta permanente de difusión do idioma.
Entre os seus socios e socias hainos de distintos equipos de fútbol, distintas ideoloxías, distintas idades e distintos gustos gastronómicos, pero todos coinciden no seu interese por promover a lingua galega.

Antón Reixa, Agustín Fernández Paz, Xosé Manuel Pereiro ou Henrique Monteagudo son algunhas das personalidades que apoian esta iniciativa.

Se queredes saber máis ou colaborar con esta plataforma picade aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário