10/05/10

‘A novela galega é máis de interior ca de costa’


Hixinio Puentes (O Porto do Barqueiro, 1952) ten saídas do forno 'A do vinte e un' (Sotelo Blanco), premio ‘Vicente Risco’ 2009 e 'Monbars o Exterminador' (Xerais), premio ‘Eixo Atlántico’ 2006. Foran as primeiras novelas que escribira, hai máis de 15 anos. O mar e a historia entrelazan estes dous relatos épicos.

A do vinte e un foi a súa primeira novela e a última en aparecer.
Esta novela empecei a escribila no 1992, en castelán. Cheguei a ter unha versión completa antes de decatarme de que tiña que facela en galego, que en castelán non me servía. Redacteina de noite, en quendas de oito do serán a dez da mañá. Foron meses terríbeis. Acababa coas gafas de sol postas dentro da casa, cos folios tintados a pluma. Aquela versión era meirande ca esta. Tiña moita densidade de datos históricos que entorpecían a lectura. Tras a última revisión quixen darlle a derradeira oportunidade. “Ou gañas un premio ou bótote ao mar”. E gañou!

Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário