10/05/10

A III Bienal Literaria buscará a proxección das obras galegas


Coincidindo coa celebración do Ano do Libro e da Lectura, a terceira Bienal Literaria Internacional, contribuirá, segundo apuntou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, na súa presentación “a que a literatura galega viaxe e se proxecto por toda América e todo o mundo”.
A Bienal de Pedra e de Palabra concibirase como un punto de encontro e foro de debate no que os participantes contrastarán as súas opinións na procura de camiños abertos e plurais para o feito literario, neste caso en Iberoamérica.
Nesta edición está prevista a participación de poetas, novelistas, ensaístas, dramaturgos, xornalistas, críticos, profesores de literatura, editores e cantos dun xeito ou doutro participan da escritura creativa, da industria do libro e da promoción de lectura. Na listaxe de invitados, aínda por pechar, xa teñen confirmada a súa asistencia autores como Luis Sepúlveda, Paco Ignacio Taibo, Cristina Peri-Rossi, Rosa Regás, Antonio Muñoz Molina, Cus Pato, Anxos Sumai ou Xosé Luís Méndez Ferrín.
A literatura galega será a anfitriona, tanto do mundo das letras hispanoamericanas como das letras luso-brasileiras. Coa III Bienal preténdese que a literatura galega sirva de punto de encontro entre dúas grandes áreas lingüísticas e literarias, a hispanoamericana e a lusófona. As fondas históricas relacións de Galicia con América e a diáspora a aquel continente xustifican de sobra o evento.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário