14/04/10

A USC edita en facsímil de 'Os Eidos' de Novoneyra


O exemplar, xa editado pola Editorial Galaxia en 1955, representa a adhesión da institución académica á conmemoración do Día das Letras 2010, adicado á figura do poeta Novoneyra na súa 47 edición. O coordinador do volume, o profesor Anxo Tarrío, recordou que esta publicación lle dá continuidade ao traballo do departamento de Filoloxía Galega da USC dende 1970, cando o profesor Carvalho Calero dirixiu a primeira obra conmemorativa o Día das Letras e dedicada ese ano a Marcial Valladares. O traballo centrouse en abarcar “as distintas facetas do poeta” a través da contribución de escritos dos profesores do departamentos de Filoloxía como Xesús Alonso Montero, Xosé L. Forneiro, Blanca Roig, demaís de Mª Xesús Nogueira e Carme Silva. Segundo Tarrío os traballos recollidos teñen a finalidade de “axudar a comprender mellor” o legado literario e cultural de Novoneyra no que considera “un novo fito” nas publicacións da institución académica.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário