22/04/10

Redondela en Curto presenta novidades



O Auditorio da Xunqueira de Redondela será dende hoxe e até o vindeiro domingo, 25 de abril, sede do Festival Redondela en Curto, adicado á proxección de curtametraxes. Ademais de reforzar as actividades escolares con pases específicos para estudantes en horario de mañá, o festival engade nesta edición unha nova sección, a Alternativa, para curtas peculiares que participan fóra de concurso e que se proxectarán no Bar Disco Tasca da localidade.O Concello de Redondela patrocina este evento que contará na inauguración coas intervencións dos actores Fernando Morán e Xabier Deive. O grupo local Beatus Ille porá o toque musical á primeira velada do festival no que a partir das 21h00 de hoxe se proxectará o primeiro pase desta edición.

Sem comentários:

Enviar um comentário