26/04/10

O escritor Suso de Toro anuncia que se retira da literatura para volver á docencia

O autor Suso de Toro acaba de anunciar a través do seu blog a súa despedida da literatura e o seu regreso á docencia logo de dezaseis anos como traballador autónomo e escritor profesional. De Toro móstrase consciente de estar ante unha nova etapa. «Sinto que terei que facer unha reflexión sobre o que foi esta aventura e sobre por que acaba», aseguraba no seu diario virtual, á vez que anunciaba que onte mesmo estaría presente en Barcelona na celebración do Sant Jordi: «Intúo que probablemente será a última vez, hai que ir despedíndose.?Adeus a todo iso».
O compostelán Suso de Toro , cuxos libros foron traducidos a varios idiomas, asegura que volverá ser profesor de instituto, o mesmo onde tivo hai dous decenios a súa primeira praza.

Sem comentários:

Enviar um comentário