EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

27/04/10

Nace un selo discográfico dixital galego con vocación internacional


Un novo selo discográfico dixital, que aspira a converterse nun dos "máis importantes do panorama mundial" acaba de nacer en Galiza. O seu nome é Tullido Records, e está formado polos DJ's Frisco Taibo, Arturo Vaquero e Marcos Peón.O selo pretende promocionar e vender creacións propias, novas producións e colaboracións a través dos principais portais de venda por internet, entre eles Beatport. Así, anuncia que terá unha delegación en Suíza para captar artistas de Centroeuropa.Tullido Records está especializado na música de baile. Así, vai promover tanto as producións dos tres DJ's galegos que impulsan o selo como as de picadiscos internacionais, que xa confirmaron a súa disposición a participaren no proxecto. Entre eles están nomes como o de Guru Josh Project, Carlos Gallardo, Jesse García, Jason Rivas, Ricardo Reyna ou Paco Pil.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário