20/04/10

Asociación Socio-Pedagóxica Galega presenta hoxe día 20 en Santiago no Teatro Principal Canto de Permanencia
Canto de permanencia é o título sob o que se recollen, en formato audiovisual, tres traballos, autónomos mais complementares, sobre a persoa e a obra de Uxío Novoneyra.
1.- Canto de permanencia, documental creativo e obra experimental, que dá título ao DVD, é unha interpretación, en linguaxe cinematográfica, dunha escolma de textos da obra de Novoneyra. Sobre este guión literario sobreponse un guión de ficción para termos unha obra que combina textos con imaxes reais rodadas en espazos simbólicos da obra de Novoneyra e, xunto con estas, outras recreadas en estudios de gravación ou en espazos interiores e con actores, resultando un produto susceptíbel de ser visionado de maneira autónoma e independente de calquera contexto e de calquera coñecemento previo da obra de Novoneyra. Cabe salientar que, coa selección de textos, o guión procura construír unha liña temporal que podería seguir o devir das catro estacións.

2.- O segundo audiovisual, A Certeza de Sermos, recolle un recitado de textos de Novoneyra por el proprio. Son textos até agora non divulgados procedentes dos fondos documentais da AS-PG, agás un cedido polo CIFP Anxel Casal da Coruña. Van unidos argumentalmente por textos de discursos de Novoneyra coa voz en off de Fernando Morán e teñen en común presentan o seu carácter marcadamente social.

3.- Finalmente, e como Extras, o DVD recolle un recitado de versos dedicados a Novoneyra por Manuel María, Méndez Ferrín, Mª Xosé Queizán, Bernardino Graña e García Bodaño xunto con imaxes inéditas da gravación de Canto de permanencia.
Este traballo vaise vender, a partir da semana próxima en que teremos as copias, ao prezo de 10 euros. Se estás interesado/ en adquirir un exemplar con anterioridade e pedindoo directamente á AS-PG podes recibilo no teu enderezo ao prezo de SEIS euros.
Que pensades

Sem comentários:

Enviar um comentário