13/04/10

A AELG presenta o III Encontro de Literatura de Viaxe


O encontro, que constará de cinco sesións en distintas datas do mes de abril e maio, contará coa participación de Juan Gelman, Alberto Mangel, Hélia Correia, Miguel Anxo Murado e Xavier P. Docampo. Baixo o lema Literatura e viaxe o programa do encontro é o seguinte: O 19 de abril, luns, Juan Gelman, Baixo chuvia allea; 28 de abril, mércores, Miguel Anxo Murado, Inventar un lugar en vez dunha historia; 5 de maio, mércores, Hélia Correia, A poeira falanta; 11 de maio, martes, Alberto Mangel, O camiño da lectura; e o 19 de maio, martes, Xavier P. Docampo, Viaxes imaxinarias.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário