EDL

EDL

02/03/10

Premio Narrativas Quentes


Organoloxía, de Eva Moreda, premio Narrativas Quentes: A escritora d'A Veiga verá publicada a súa novela erótica en Edicións Positivas o próximo mes de maio.
A mestría narrativa da novela, a atractiva relación da música co erotismo, e as "emocionantes e poéticas historias das súas protagonistas", foron calidades valoradas polo xurado para a escolla de Organoloxía como obra gañadora desta edición do premio Narrativas Quentes. O argumento xira arredor dun conservatorio en cuxo interior quedan accidentalmente pechadas seis profesoras: Caro (piano), Alicia (música antiga), Xandra (saxo), Vic (música de cámara), Enma (canto) e Carmela (gaita e pandeireta). Véndose obrigadas a pasar xuntas a noite, aproveitan o tempo para conversar das súas experiencias eróticas, todas elas vencelladas ao traballo musical e aos instrumentos nos que son expertas.
Haberá que lela cando se publique, vós que credes?

Sem comentários:

Enviar um comentário