EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

17/03/10

Lede este artigo, merece a pena


Física e Matemáticas tamén en galego
Para entrar directamente no tema: cal é o esquema mental de quen pensa que non se pode ensinar Fisica e Matematicas en galego? Por que no decreto do galego son estas as materias que hai que dar en castelán? E sobre todo: por que o castelán é máis adecuado?? Doulle voltas a cabeza e non lle atopo resposta. A dificultade das materias máis abstractas non está na lingua que se utiliza para transmitilas, senon nas técnicas, nas capacidades e nos medios de quen as imparte. Un teorema é o mesmo obxecto matemático e require das mesmas destrezas mentais en todas as linguas do mundo. As leis do electromagnetismo tamén.
Somos moitos os que tratamos de dar normalidade ao uso do galego na ciencia: se fixen a miña tese doutoral (en Física de Partículas) en galego non é por reivindicar nada, é por normalidade; se dou clases na Facultade de Fisica en galego é tamén por normalidade; se discuto cos meus colaboradores da nosa investigación en galego (ou inglés, ou francés, ou español ou italiano) é só por normalidade! Que anormalidade é a de decidir que o galego non é para as Matemáticas ou a Física? Por que xusto estas materias?No fondo, este esquema mental ten moito de provinciano e despreciativo das propias capacidades. Quen pensa que a Física ou as Matemáticas non se poden ensinar en galego está pensando tamén que un galego non pode achegar nada a esas disciplinas científicas. É similar ao esquema mental imperante, aínda que cada vez menos, no mundo anglosaxón de desprezo polas capacidades científicas dos países latinos, en particular. E é deprimente que este sexa o esquema mental dos responsables da política educativa (e tamén, en parte da científica) deste país. A ciencia transmitese actualmente en inglés (non en español, por certo) mais a capacidade creativa non ten fronteiras idiomáticas. A normalidade no ensino da Física e das Matemáticas, dúas materias con moitas eivas, vai exactamente na dirección contraria. Este é un tiro no pé.
Carlos Salgado

Esperamos os vosos comentarios.

2 comentários:

  1. Eu aínda non entendo como os da XUNTA cambiaron de novo o decreto, se Galiza xa e bilingüista, por que impoñer o castelán? A física e as matemáticas son iguais na China que en Galiza independentemente do idioma. Un galego ten as mesmas oportunidades ca un vasco.

    ResponderEliminar
  2. E por que non é en Madrid o 50% castelán-inglés? Se e por riqueza de linguas, todo se pode.
    Ademáis de que física e matematicas, non teñen ningún tipo de problema de compresión en galego.
    O decreto e absolutamente anti-constitucional, se piden opinión, que o fagan para todo.

    ResponderEliminar