22/03/10

Ilisa Barbash, premio á mellor longametraxe no Play-Doc


O acto de clausura foi introducido pola banda de jazz 2us, que presentou a Sara García e Anxo Sánchez, directores do festival, para a lectura da decisión do xurado. O primeiro premio, o de Documental Galego, recaeu en Tanyaradzwa, de Alberte Pagán, que xa gañara hai dous anos con BS.AS. “É a segunda vez que me premian, pero a primeira que estou aquí”, apuntou Pagán ao recoller o galardón das mans de Moisés Rodríguez, concelleiro de Cultura de Tui, explicando que a súa ausencia se debeu precisamente a que as datas coincidiran coa rodaxe do filme seleccionado nesta edición. Engadiu despois que valora “que se premien filmes alternativos e independentes” e que “estamos contentos (el e a protagonista), sobre todo pola cuestión económica”.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário