01/03/10

"A Benzón" triunfa nos IX Pemios Opinión


O primeiro disco en solitario de Guadi Galego, 'A Benzón', gañou a novena edición dos Premios Opinión da Música. A artista de Cedeira conseguiu o galardón ao Mellor Disco Folk.
Para Guadi Galego este non será o primeiro Premio Opinión que recolla. Xa o fixo en anteriores ocasións como membro de Berrogüeto, o trío Nordestin@as e o dúo Espido.
Porén este galardón recoñece o seu debut en solitario, un proxecto moi ambicioso e arriscado economicamente para a cantante, que investiu os seus cartos nun “soño”. A Benzón conta con arranxistas diferentes para cada peza e, segundo Galego “plasma a pluralidade musical”.
Caramuxo e Nova Galega, dúas propostas rompedoras no panorama musical galego, acadaron conxuntamente o segundo lugar nos Premios Opinión.
O xurado dos galardóns tivo en conta o enriquecemento que as dúas formacións está a dar ao panorama da música de raíz galega. No caso se Nova Galega de Danza, que xa acadara no seu debut musical o Premio ao Mellor Disco Folk, volve a recibir este recoñecemento co seu terceiro traballo, Tradiccion, un álbum con case un 50 por cento de pezas cantadas.
Pola súa banda o Cuarteto Caramuxo, co seu primeiro traballo discográficco, Tiruriru, co son de catro clarinetes, un acordeón e percusión da formación, demostrou ao xurado que hai moitos xeitos de abordar a música tradicional galega.
A gala de entrega destes premios será pasado o verán nunha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Xa sabedes que o podedes atopar na biblioteca, ánimo e a por el.

Sem comentários:

Enviar um comentário