28/02/10

Orgullosos do noso? Algúns parece que non.

“Hai que ser máis sensibles coa cultura do país se queremos que teña importancia”

Iso dixo Bieito Romero, acordeonista, gaiteiro e zanfonista, un dos fundadores con conxunto folk Luar na Lubre, hai case 25 anos. Co seu primeiro disco en directo, Ao vivo, –xa esgotado e a piques de reeditarse– veñen de gañar o Premio da Música ao Mellor Álbum Folk. co que sumaron o seu noveno galardón.
Queixábase así de que a Xunta non os felicitase por este premio. Nós desde aquí facémoslle chegar os nosos parabéns e recomendámosvos o seu disco, que podedes coller en préstamo da discoteca.
Para que vos animedes, un vídeo:

Sem comentários:

Enviar um comentário