EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

24/02/10

O ciclo 'Raíces' programa concertos con 25 artistas do país


A partir do mes de marzo o ciclo 'Raíces', integrado dentro da programación do Xacobeo, incluirá tres meses de concertos nos que participarán 25 artistas galegos. Entre outros participan Fuxan os Ventos, Marful, Uxia, Luar na Lubre, Cristina Pato, Maria do Ceo e Sondeseu Orquestra Folk.
Cada sábado entre o 6 de marzo e o 6 de xuño en distintas cidades e vilas de Galiza haberá recitais nos que se mesturará a tradición coa creatividade feita por artistas do país que conforman o Ciclo Raíces 20101 do programa de actividade do Ano Santo.
Consultade as datas destes cocertos,e animádevos a asistir.

Sem comentários:

Enviar um comentário