28/02/10

Dicionario en galego do surrealismo


O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu onte a presentación deste libro , escrito por Xesús González Ferro e editado por Promocións Culturais Galegas, un libro que fai un percorrido pola historia do movemento desde os seus antecedentes, como o dadaísmo, ata os diferentes grupos surrealistas que aínda quedan a día de hoxe.
Xosé Manuel Acuña, director literario de Promocións Culturais Galegas, presentou esta nova publicación de Xesús González Ferro, que desde hai moitos anos se dedicou a recoller as noticias sobre o acontecer do surrealismo e o movemento cultural que lle daba contorna. Este proceso acumulativo deu lugar a unha serie de entregas en forma de ensaios, libros e antoloxías que González Ferro publicou noutra editorial galega, Laiovento. Alí, o autor estudou a poesía, o teatro e a política dos surrealistas así como os manifestos das vangardas surrealistas e do entorno do surrealismo. Todo este traballo persoal feito durante décadas ía acompañado dunha acumulación de documentación que, nun momento determinado, González Ferro quixo que collera corpo doutra maneira, optando pola fórmula clásica dun dicionario.
A ver se se anima o departamento de plástica a mercalo para a biblioteca!!

Sem comentários:

Enviar um comentário